Samurai Champloo | |
---|---|
サムライチャンプルー ((Samurai Chanpurū)) | |
Anime '' | |
Dirixido por | Shinichirō Watanabe |
Estudio | Manglobe |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 20 de maio do 2004 |
Última emisión | 19 de marzo de 2005 |
Núm. de capítulos | 26 |
Manga | |
Creado por | Shinichirō Watanabe |
Editor | Kadokawa Shoten |
Publicado en | Kadokawa Shoten |
Primeira edición | 2 de agosto do 2004 |
Última edición | 29 de outubro do 2004 |
Núm. de volumes | 2 |
Samurai Champloo (サムライチャンプルー Samurai Chanpurū?) é unha serie de anime dirixida por Shinichirō Watanabe, famoso por Cowboy Bebop. A serie ambiéntase nunha versión ficticia do Período Edo, mesturando elementos reais da época con elementos modernos como o hip-hop. O termo "champloo" vén dunha palabra do dialecto de Okinawa, "Champuruu" que significa "mesturar".
O anime lanzouse ó ar na canle xaponesa Fuji TV o 20 de maio do 2004 rematando o 19 de marzo do 2005. Estreouse na Galiza no verán do 2008, emitíndose na canle autonómica TVG dentro do programa xuvenil Xabarín Club. O 14 de setembro do 2009, e coincidindo asemade coa nova programación da G2, Samurai Chanploo comezou a se emitir na devandita canle galega de luns a venres nun horario nocturno. Posteriormente, volvería ser reemitido a partir do 21 de febreiro do 2024 na mesma canle, en horario de tarde (20:00h), de luns a venres. Paralelamente, tamén se incorporou á plataforma de vídeo baixo demanda, Xabarín.gal.
A serie, recibiu unha adaptación para o manga na revista Shonen Ace en agosto de 2004 a outubro do mesmo ano.